Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Organizada polo Concello de Pontevedra, coa colaboración da Facultade de Belas Artes, a exposición Fotosensíbeis achegará ao Pazo da Cultura de Pontevedra un conxunto de fotografías realizadas ao longo de preto de tres décadas por alumnos e alumnas de Belas Artes. A exposición ten como comisario ao fototohistoriador Manuel Sendón, profesor da facultade ata a súa xubilación, e reúne un conxunto de traballos realizados por 31 artistas de diferentes xeracións durante a súa etapa de formación neste centro. 

Presentada este martes no Concello por Sendón e o concelleiro de Cultura, Demetrio Gómez, Fotosensíbeis celebrará a súa inauguración este venres 25 de abril ás 18.00 horas e poderá visitarse ata o 18 de maio. Dirixida a amosar as posibilidades da fotografía como medio de produción artística, reúne unha “escolma de traballos que se iniciaron e remataron na clase”, xunto cunha selección de traballos de fin de grao dirixidos por Sendón e outros realizados no Grupo de Investigacións Fotográficas da Universidade de Vigo, do que foi investigador principal.

Ler a nova completa no DUVI