Titulación da Escola Internacional de Doutoramento (EIDO) impartida nesta facultade
A creación artística é unha actividade xeradora de coñecemento, cunhas esixencias metodolóxicas propias que atenden non só á produción senón, ao mesmo tempo, á análise e a interpretación artísticas, axuntando creación e investigación. A capacidade da arte para xerar coñecemento propio, define, e á vez amplía, o territorio sobre o que a especificidade da arte traballa, posibilitando que non só sexa obxecto de estudo por parte doutras disciplinas.
A integración da produción artística no contexto cultural é a que permite unha rexeneración das capacidades simbólicas, así como a permanente reelaboración dos parámetros estéticos que a constitúen, contribuíndo e influíndo na maneira de percibir, sentir e conceptualizar os valores que rexen nunha sociedade.
A formación estética dos suxeitos permite facer fronte a problemáticas onde a educación sensible afecta os modos de percibir, sentir, pensar e actuar, desenvolvendo unha dimensión cognitiva a través da arte, en particular, e a formación humanística e cultural, en xeral.
Información de interese
- Prazas: 10
- Tipo de ensino: presencial
Coordinación
Ignacio Barcia Rodríguez
doctorado.arte@uvigo.gal
Matrícula
Área Académica
+34 986 801 805
secfba@uvigo.gal