A xornada de benvida 2026/2027 celebrarase o día 7 de setembro de 2026 ás 11.00 no Salón de actos e coa participación do equipo decanal.
Nesta xornada o estudantado recibe información sobre o centro, os horarios, a estrutura dos estudos, os servizos do centro e outros servizos da universidade, así como sobre a estrutura organizativa da universidade e as funcións de cada órgano de representación.
Tras esta información procederase a realizar unha visita guiada polas instalacións do centro.