Laboratorios e obradoiros


Estes obradoiros están a cargo de técnicos especialistas que supervisan e apoian o traballo de investigadores e estudiantes, proporcionando o asesoramento técnico necesario. Os obradoiros están dotados de ferramenta de man e maquinaria específicas.

Obradoiro de metal
Maquinaria e ferramenta para o traballo en metal: ferramenta de corte, pregado, soldadura, taladro, etc.

Obradoiro de madeira
Maquinaria e ferramenta para o traballo da madeira: escuadradoras, serras de disco e cinta, cepilladora, traladros de columna, etc.

Obradoiro de cerámica
Fornos cerámicos, tornos e outros medios para o traballo en barro e a cerámica.

Obradoiro de plástico
Espazo adecuado para aplicar procesos con plásticos e resinas. Maquinaria e ferramenta para manipulación de plásticos.

Obradoiro de baleirado e outros procedementos
Espazo axeitado para a manipulación de escaiola e materiais similares.

Obradoiro de microfusión
Espazo para técnicas de moldeo especiais, dotado de instalacións de microfusión.

Obradoiro de Aerografía
Cabina de pintura a pistola. Instalación para aplicar pinturas e vernices con técnicas aerográficas.

Técnicos especialistas responsables

  • Fernando Portasany Fernández
  • Eduardo Calzado Díaz

Horario
Luns a venres de 9:10 h a 13:45 e de 15:10 a 16:45

Uso habitual: desenvolvemento de prácticas, traballos, exercicios ou proxectos de carácter teórico-práctico con uso de tecnoloxía específica.

Técnico especialista responsable

  • Agustín Abreu Fernández

O laboratorio de Informática está destinado á investigación e á docencia e está asistido por un bolseiro da Universidade de Vigo. Dispón de vinte postos dotados con equipamentos informáticos para edición de imaxe dixital, 3D, deseño de páxinas Web e tratamento fotográfico dixital.

vigo

O laboratorio de Técnicas gráficas está destinado á docencia e investigación. Dispón de instalacións para gravado calcográfico.

Técnico especialista responsable

  • José Angel Zabala Maté

plató

Espazo de capacidade media. Dotado de diferentes medios de iluminación continua e de flash, tanto cenital coma de chan, móbiles e regulables de forma centralizada. Dispón de paredes con illamento acústico e de paneis móbiles para a elaboración de cromas.

Técnico especialista responsable

  • Andrés Pinal González

Espazo de capacidade media. Dotado de diferentes medios de iluminación continua e de flash, tanto cenital coma de chan, móbiles e regulables de forma centralizada.

Técnico especialista responsable

  • Agustín Abreu

 

Reservas de material audiovisual

Temos habilitado un espazo web para centralizar os empréstitos de material audiovisual. É imprescindible que o estudantado se rexistre e tramite os seus pedidos a través deste espazo web.

Espazo web de reservas

 

Biblioteca

A Biblioteca de Belas Artes forma parte do conxunto da Biblioteca Universitaria de Vigo (BUV) polo que se rexerá polo Regulamento da BUV aprobado en Xunta de Goberno o 27 de febreiro de 2002 e pola Normativa de Préstamo.

Fondos
A Biblioteca de Belas Artes conta con trinta e oito títulos de publicacións periódicas e dezanove mil títulos de monografías, a mioría de acceso directo na sala.

Servizos

  • Lectura en sala.
  • Préstamo a domicilio de fondos bibliográficos de tódala Biblioteca Universitaria.
  • Fotocopiadora de tarxeta dependente do servicio de reprografía da facultade.

Os servicios máis especializados (como o acceso a internet para buscas bibliográficas, consulta asistida en bases de datos, etc…) así como a dirección, xestión e coordinación de tódalas bibliotecas do campus de Pontevedra atópase na Biblioteca Central do campus.