Situada na cidade de Pontevedra, a Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo ofrece os estudos de Grao en Belas Artes, o Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda e o Programa de Doutoramento en Creación e Investigación en Arte Contemporánea.
A particular xeolocalización desta Facultade no noroeste da península ibérica convértea nun fito vertebrador no mapa de produción e intercambio cultural dentro do eixe atlántico da península e polo tanto tamén da comunidade europea.