Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

O artista e doutorando da facultade Carlos Fer, participa no proxecto “8 mulleres para o 8M” falándonos da obra de Delia Boyano, sobre a cal comenta:

O traballo de Delia Boyano (Málaga, 1994) escribe narrativas non liñais onde a superposición de medios como a escultura, o vídeo, o debuxo e a performance configuran relatos sobre o poder, o xénero, a memoria histórica e a cultura. Reinterpreta movementos e indumentarias que tradicionalmente foran elementos metafóricos da opresión á muller, para convertilos nunha posibilidade de empoderamento.

O feminismo na súa obra deféndese a través dunha intensa análise entre a performance a a escultura, activando obxectos emancipadores dende o movemento.