Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Continuamos con “8 mulleres para o 8 M” Nesta ocasión, a artista Cynthia Afonso achéganos a obra de Anna Firth, sobre a cal nos conta:

Anna Firth (Vancouver, 1995) é unha artista visual, forxada nas feiras do circuíto alternativo, que traballa a videoinstalación experimental animada.

Nas súas obras, onde todo sucede á vez, podemos observar suxeitos atrapados en ciclos de repetición infinitos que fan resaltar a colaxe visual das densas liñas que representan os estraños movementos dos seus trazos. A súa obra tende ao uso de formas abstractas e xeométricas, as cales están acompañadas da intriga visual que ofrece o uso de pantallas múltiples e a súa relación co espazo.
A súa práctica rompe coas regras da animación tradicional, tanto en técnica, coma mensaxe ou formato, diferenzas que lle permitiron forxar un estilo único e ter un lugar dentro da animación independente contemporánea.