Alex Francés é licenciado en Belas Artes e Máster Universitario en Produción Artística na Facultade de Belas Artes da Universidade Politécnica de Valencia. Desde o ano 1989 vén expondo habitualmente en galerías e outros espazos públicos e privados, participando en numerosas exposicións individuais e colectivas, e impartindo seminarios e conferencias. O traballo de Alex Francés céntrase na relación entre corpo e imaxe; entende a obra de arte ou a imaxe artística como o lugar por excelencia onde o corpo dáse, maniféstase e prodúcese. Na conferencia do xoves 5 de outubro, o artista analizará os seus discursos de carácter máis intimista, materializados a través da fotografía.