É a estrutura organizativa propia que adopta o estudantado desta facultade, consonte aos Estatutos da Universidade de Vigo. Segundo se dispón no seu Regulamento, aprobado o 29/04/1999, a delegación de estudantes gozará de autonomía para o exercicio das súas funcións.

Está composta por:

  • Representantes do estudantado na Xunta de Facultade
  • Todo o estudantado da facultade interesado en colaborar con ela (no suposto de non pertencer á Xunta de Facultade, terá voz pero non voto)

Entre as súas funcións máis importantes destacan: a defensa dos dereitos do estudantado no ámbito individual e colectivo, actuar como órgano de diálogo coas autoridades académicas no establecemento dunha información adecuada sobre a vida universitaria, así como aquelas inherentes ó seu carácter de representación do estudantado, polo que deberá estar aberta ás suxerencias daquel.

 

Información de contacto

Delegación de estudantes
Facultade de Belas Artes
+34 986 801 878
bbaapontevedra@gmail.com