Profesor/a contratado/a doutor/a
Área de Didáctica da Expresión Plástica
Departamento de Didácticas Especiais
Información de contacto
Facultade de Belas Artes
Despacho 113
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra
+34 986 801 881
marpaz@uvigo.es
Breve CV
Licenciada en Belas Artes coa especialidade en Escultura pola Universidade de Vigo (1996). Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2009). Desenvolve a súa labor docente nas facultades de Belas Artes e Ciencias da Educación e do Deporte nas áreas da mediación e transmisión da educación artística e didáctica da expresión plástica e visual. Coordina o itinerario de Artes no Mestrado de Educación Secundaria da Universidade de Vigo no que imparte a materia de investigación educativa e complementos do debuxo. Formadora de formadores/as profesorado na área da expresión plástica, educación patrimonial, mellora de bibliotecas escolares e en proxectos artísticos para en patios escolares integradores. No eido sociocultural traballou como directora artística en proxectos de intervención artística e humanización en contextos sociais e educativos e sanitarios así como no ámbito da educación non formal. Como creadora o seu traballo artístico vaga polo territorio fragmentado do ser errante, da identidade como forma biográfica esvaecida. Últimas exposicións: Afinidades selectivas 10. Arte e didáctica (2019), Proxecto táctil. Probas e textura (2018), Afinidades Selectivas. Aproximacións didácticas e propostas gráficas no proceso creativo (2017).
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Belas Artes
P01G010V01802 | Transmisión, mediación e educación artística
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
2º cuadrimestre
Titorías presenciais concertadas
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario concertado. Para concertar unha cita podes facelo dende a túa Secretaría en liña.
Liñas de TFG
- Obxectos de mediación e transferencia para o ensinao das artes en contextos socioculturais (museos, centros de arte, eventos artísticos…)
- Álbum ilustrado como recurso didáctico
- Modelos de intervención artística / pedagóxica en espazos da saúde
Investigación
Grupo de investigación
Equipo de Investigación en Rendemento e Motricidade do Salvamento e Socorrismo
Liñas de investigación
- Estratexias artístico – pedagóxicas en contextos socioculturais e da saúde
- Recursos didácticos da expresión plástica e visual