Profesor/a titular de universidade
Área de Debuxo
Departamento de Debuxo
Información de contacto
Facultade de Belas Artes
Despacho 224
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra
+34 986 801 862
mdopico@uvigo.gal
Breve CV
Marcos Dopico Castro, Narón – A Coruña (1974). Licenciado en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo (1997). Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2009). Profesor Contratado Doutor (2011) na Universidade de Vigo (España), imparte docencia nas materias de deseño gráfico, deseño editorial, informática e audiovisuais no Grao en Belas Artes da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra. Imparte docencia no Master Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual, nas materias relacionadas co deseño editorial e a tipografía. Imparte docencia nos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia, nas materias de Creación de Portfolio e Fundamentos Informáticos. Impartiu docencia no master en Dirección de Arte Publicitaria da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, na materia de Deseño Web. Antes de ensinar na Universidade de Vigo, traballou como profesional nos campos do deseño gráfico, web e interactivo. A súa labor investigadora inclúe as áreas de influencia da modernidade na gráfica e a tipografía contemporánea e a relación entre tradición e identidade no deseño en Galicia. Participou como profesional do deseño na exposición colectiva “A creación do necesario: Aproximacións ó deseño do século XX en Galicia” no museo MARCO de Vigo (2004). Ten publicado dous libros: “Propostas para un deseño normal”, Ellago Ediciones: Castellón (España), 2009, e “Arqueoloxía tipográfica: A evolución dos caracteres de pau seco”, Campgràfic Editors: Valencia (España), 2011. Dende 2011 a 2014 foi presidente da DAG Asociación Galega de Deseñadores. Dende 2011 a 2015 foi Director da Área de Imaxe, responsable da implantación da identidade visual da Universidade de Vigo. Dende 2015 ata a actualidade é Vicedecando de Imaxe e Calidade da Facultade de Belas Artes.
Docencia
1º cuadrimestre
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
P01M171V01302 | Deseño Gráfico para Moda
P01M171V01304 | A Moda: Contorna Profesional (coordinador/a)
2º cuadrimestre
Máster Universitario en Deseño e Dirección Creativa en Moda
P01M171V01401 | Deseño de Porfolio (coordinador/a)
Liñas de TFG
- Proxectos de deseño gráfico, identidade corporativa e deseño editorial
Investigación
Grupo de investigación
Liñas de investigación
- Influencias da modernidade na gráfica contemporánea
- Tradición e deseño en Galicia
- Deseño gráfico, Tipografía, Historia do deseño, Identidade corporativa e tipografía, Deseño editorial e libro de artista, motion graphics e gráfica audiovisual