Profesor/a axudante doutor/a
Área de Debuxo
Departamento de Debuxo
Información de contacto
Facultade de Belas Artes
Espazo Inv. Dpto. Debuxo
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra
Breve CV
Artista plástico visual e profesor axudante doutor na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (Universidade de Vigo). Doutor en Belas Artes (Universidade de Vigo, 2010). Licenciado pola especialidade de Pintura (Universidade de Vigo) e Premio Fin de Carreira (2004). Forma parte do grupo de investigación dx5 desde o ano 2005. Na actualidade dirixe a liña de investigación titulada «Estudos Transdisciplinares sobre Cómic (ETC)» deste grupo de investigación; ademais, os seus estudos céntranse no cómic de campo expandido, a manga e o anime en España desde unha perspectiva teórica. Bolseiro do prestixioso programa da Japan Foundation’s Japanese Studies Program (2012) e investigador postdoutoral convidado na Escola de Estudos de Posgrao da Facultade de Manga (Kyoto Seika University, Xapón, 2014-2016). Membro da ACDCómic (Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic de España) desde a súa fundación é, así mesmo, autor dos libros Manga. Del cuadro Flotante a la Viñeta Japonesa (2010), A Ding in Japan (2008), ambos os publicados pola editorial Comanegra, coordinador da guía Japón para Otakus (Diábolo Ediciones, 2018) e editor de Anime Studies: Media-Specific Approaches to Neon Genesis Evangelion (2021), un volume open-access publicado por Stockholm University Press. Conta cun centenar de exposicións (individuais ou colectivas) en galerías e centros de arte, sendo seleccionado e premiado en diversos certames nacionais e internacionais, entre os que se atopan o Festival Internacional de la Imagen (FINI) de México (2015, 2016); o Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo (2009, 2011, 2013, 2017); a Bienal Iberoamericana de Obra Gráfica Ciudad de Cáceres (2011); ou o Certamen de Arte Gráfico para Jóvenes Creadores de la Calcografía Nacional (2007, 2008, 2009, 2010), entre outros.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Belas Artes
P01G010V01602 | Produción artística: Imaxe II
Liñas de TFG
- Estudos Transdisciplinares sobre Cómic
- Libro de artista e libro ilustrado
- Gráfica contemporánea de campo expandido
Investigación
Grupo de investigación
Digital & Graphic Art Research
Liñas de investigación
- Estudos Transdisciplinares sobre Cómic (ETC)
- Sistemas non tóxicos de impresión: Tecnoloxía de impresión piezoélectrica e estampa inxectada
- Aplicación das novas tecnoloxías industriais á arte contemporánea múltiple