Seoane Suárez

Profesor/a asociado/a

Área de Debuxo
Departamento de Debuxo

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 213
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 851
anaseoane@uvigo.gal

Breve CV

Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo en 2004, onde actualmente traballa como profesora asociada do Departamento de Debuxo, compatibilizando a docencia co seu traballo como directora de arte en “Ao Xeito”. A súa obra foi recoñecida nos certames Sentidos Gratis (Guimaraes, Portugal) e Novos Valores (Pontevedra) en 2004; Certame de Pintura Concello de Cambre (Cambre, A Coruña) e Certame de Pintura Diario Marca co Premio da galería Arte e Naturaleza, ambos en 2006; Fundación María José Jove (A Coruña) en 2007; no Premio de Pintura Terras de Iria e no Certame de Artes Plásticas Deputación de Ourense en 2010. En 2011 recibiu un dos premios outorgados na X Bienal Pintor Laxeiro (Lalín, Pontevedra). Expuxo en lugares como: A Fundación Laxeiro (Vigo); Sala de Exposicións do Centro de Arte Nova de Avenida de América (Madrid); Museo Nogueira dá Silva (Braga, Portugal); Facultade de Belas Artes de Kingston (Londres, Reino Unido); Sala X da Facultade de Belas Artes (Pontevedra); Centro Pablo da Torrente, galería “entre 23 e 12”, “Fresa y chocolate”, Centro Provincial de Artes Plásticas y Diseño de La Habana e a Galería Oscar Arnulfo Romero. (A Habana, Cuba). Comisaria da Bienal “De Brujas y mariposas” en Cuba e da exposición itinerante “Identidades latentes” subvencionada co fondo Xacobeo 2020. Realizou diversos traballos de ambientación e escenografía, como “Carpe Diem” de Producións Teatrais Excéntricas e as súas liñas de investigación actuais xiran en torno ás artes gráficas, a escenografía e aos métodos docentes entre arte e deseño.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01602 | Produción artística: Imaxe II