Proxecto de voluntariado “A miña horta é túa” en colaboración coa Fundación Baiuca Verdescente
Obxectivo xeral: Acadar a inclusión e integración social, combater a desigualdade, accesibilidade á produtos frescos e de calidade de primeira necesidade por parte dos sectores poboacionais desfavorecidos e crear rede de voluntariado, poñer en valor a pequena explotación no agro galego.
Obxectivo específico: Axudar na recolección aos propietarios de hortas particulares, dar saída a excedentes agrícolas particulares, facer chegar alimentos frescos e de calidade a persoas en risco de exclusión social.
As persoas voluntarias se encargarán de colaborar nas seguintes tarefas:
– Recolección dos excedentes agrícolas das hortas particulares
– Transportar o produto ao almacén
– Catalogación e clasificación da colleita
– Reparto ás familias en risco de exclusión social en colaboración cos Servizos Sociais
- Para inscribirse ou consultar toda a información na Secretaría virtual