Ata o 2 de maio permanecerá aberto o prazo de envío de resumos para un congreso que ten como eixe central a “análise dos novos comportamentos da arte de acción, tanto desde a práctica como desde a reflexión teórica”. Concretamente, as propostas de comunicacións deberán afondar nalgún dos catro eixos temáticos nos que se centra este congreso; a reflexión teórica que contribúa a construír un “marco contextual” arredor da performance; “a acción e as súas interseccións” coa videoarte, o teatro contemporáneo ou a danza; as súas “interaccións” co contexto político e a súa análise desde unha perspectiva de xénero e, por último, o comisariado de arte de acción.
Toda a información aquí