Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Dende a Vicerreitoría de Internacionalización e a través do Centro de Linguas poremos en marcha no primeiro semestre 2026 o Plan Integral de Preparación e Acreditación do Inglés (PIPA). Propómosche acreditar o nivel B1, B2 ou C1 de inglés de xeito oficial e totalmente gratuíto.

Como xa saberás, ata o 22 de setembro puxemos á disposición do estudantado de primeiro curso, a través do Moovi, unha proba de diagnose en liña para avaliar o seu nivel de inglés. Pois ben, imos proporlle a estas persoas un pequeno curso preparatorio ás probas do exames CertAcles B1, B2 ou C1 de só 10 horas (8 en asíncrono + 2 presenciais. Estas dúas horas poderán cursarse en calquera dos tres campus) para logo, a seguir, realizar este exame oficial de acreditación con validez en todo o Espazo Europeo de Educación Superior. Folga dicir que tanto a proba como as taxas do exame serán de balde (Sempre e cando se asista a un mínimo do 85% do curso preparatorio).

Para máis información contacta con: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

PS. A exención do pagamento ao estudantado será ata esgotar o orzamento dedicado a tal fin.

Anímate e acredítate con Plan PIPA! Faino con xeito!