A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) xunto as universidades da Coruña, Santiago e Vigo e os conservatorios superiores de música da Coruña e Vigo, veñen organizando desde o ano 2018 unha serie de actividades que pretenden establecer sinerxías entre os distintos centros de formación artística superior en Galicia. No 2023 sumáronse á iniciativa as escolas de arte e superiores de deseño da Coruña, Santiago, Lugo e Ourense mais a Escola Superior de Arte Dramática de Vigo.
A Residencia de Artistas Emerxentes (Encontros de Mariñán) é unha das mais salientables destas actividades. Consiste nunhas residencias artísticas que celébranse no Pazo de Mariñán (Bergondo) da Deputación da Coruña. Nela reúnense estudantes das institucións formativas implicadas para, traballando de forma conxunta, desenvolver in situ proxectos creativos de índole interdisciplinaria. Cada unha das institucións docentes implicadas seleccionará mediante convocatoria a un grupo de estudantes que se integrarán nos distintos equipos interdisciplinares de traballo cara os días de convivencia nos Encontros.