A Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo organiza o curso “O Corpo na Arte Contemporánea dende unha perspectiva interdisciplinar”, que se desenvolverá no MARCO. Museo de Arte Contemporánea de Vigo, entre o 22 de setembro e o 9 de outubro de 2026.
A proposta aborda o papel do corpo nas prácticas artísticas contemporáneas desde unha perspectiva teórica e práctica, combinando achegas procedentes de diferentes disciplinas e explorando o corpo como espazo de presenza, experimentación e creación.
Obxectivos
- Comprender a evolución histórica do corpo como elemento central nas prácticas artísticas contemporáneas.
- Analizar desde distintas perspectivas a emerxencia da performance e da arte de acción.
- Explorar a noción de presenza e a súa relación coa creación artística.
- Desenvolver ferramentas básicas de expresión corporal e conciencia do movemento.
- Introducir técnicas de traballo vocal e exploración da voz como material artístico.
- Investigar a relación entre corpo, espazo, tempo e público. Fomentar procesos de creación artística baseados na experimentación interdisciplinar.
- Desenvolver unha proposta performativa fundamentada conceptual e formalmente.
Docentes
Iria Vázquez López, Olga Cameselle, Susana Garrido, Macarena Montesinos, Marco Maril, María Rodríguez
Matrícula
Ata o 15 de setembro de 2026.
Enlace a Campus Activo para realizar inscricións
Para consultar a que colectivo pertence, a efectos de descontos en actividades de extensión universitaria prema no seguinte enlace Colectivos Universidade de Vigo
Recoñecemento de créditos: ao remate do curso entregarase un diploma acreditativo (asistencia obrigatoria ao 85 % das horas) con recoñecemento de 1 crédito ECTS para as ensinanzas de grao por cada 25 horas.
Horarios:
- 22 de setembro: de 17:30 a 20:30 h
- 24, 25 e 30 de setembro: de 17:00 a 20:30 h
- 1, 2 e 7 de outubro: de 17:00 a 20:30 h
- 8 e 9 de outubro: de 17:30 a 20:30 h
Lugar:
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo