Curso de extensión universitaria no campus de Pontevedra: Obradoiro de caixas sonoras, que terá lugar no espazo 17 da Facultade de Belas Artes, do 16 de ao 24 de outubro (20 horas).
Información xeral
O obradoiro de "Caixas Sonoras" é unha introducción ao universo da Arte Sonora, que ten como obxectivo a realización dunha serie de pezas artísticas con forma de caixa amplificadas con micrófonos de contacto, nas que incorporaremos todo tipo de elementos que nos axuden a experimentar con distintas sonoridades e lograr transformalas en instrumentos musicais únicos e con personalidade propia.
Para iso será tamén fundamental a exploración de distintas alternativas plásticas que nos axuden a convertilas en pezas artísticas.
Obxectivos
- Achegar a arte o paisaxismo sonoros ás e ós participantes.
- Fomentar unha escoita atenta para comprender o noso entorno.
- Mellorar as capacidades de atención e concentración a través da nosa percepción auditiva.
- Cultivar o interese polo son como elemento de creación artística.
- Sensibilización sobre a ecoloxía acústica.
- Reforzar a importancia da reciclaxe e a sustentabilidade.
Matrícula aberta ata o 3 de outubro ás 23.59!