A alumna de Belas Artes Doira Barrio acada o premio ao mellor TFG na área de humanidades en materia de Axenda 2030, Cooperación ao Desenvolvemento e Responsabilidade Social pola Universidade de Vigo.
O traballo, titulado “El capital me sienta mal” navega polas augas hostís do capital, tratando de analizar aquilo que lle causa dor e frustración ao argonauta postmoderno. Á deriva entre a filosofía, a socioloxía, a política e a arte, o proxecto critica as desigualdades sociais, desde a análise e a razón, e propón solucións artísticas de resistencia.
Titora do TFG: Almudena Fernández Fariña
Enlace ao traballo completo aquí