Os principais programas internacionais de mobilidade son Erasmus+, Convenios Bilaterais (Bolsas propias e Santander), ISEP e Erasmus Mundus. Todos eles xestionados dende a Oficina de Relacións Internacionais (ORI) da Universidade de Vigo (consulta as convocatorias).

Para o estudantado que desexe cursar estudos noutras universidades do Estado, existe tamén o programa SICUE, xestionado polo (SIOPE).

Nalgúns casos, cabe a posibilidade de que o estudantado poida realizar un libre intercambio con outras universidades á marxe dos programas, acordos ou convenios subscritos pola universidade.

Oferta de prazas

Listaxes de seleccionados/as