Co gallo do proxecto “8 mulleres para o 8M”, a profesora Loreto Blanco destaca o traballo de Eulàlia Valldosera sobre a que comenta:
“Eulàlia Valldosera defínese como muller, nai, artista e mística activista. Interésame o seu interese pola luz e a sombra humanas. A luz como vibración que trae á súa vez unha información que sa. A súa intención é devolver á arte visual o seu potencial sanador propiciatorio de novas realidades. Considera a práctica da mediumnidade ou canalización como parte do potencial humano en evolución, e con ela desprograma herdanzas limitantes que habitan no noso inconsciente. Os seus debuxos non son estéticos, son experiencias que conectan a materia con planos enerxéticos, sensitivos e espirituais”.
Concretamente, chama a atención sobre este pequeno debuxo:
“Neste debuxo, titulado Mano etérica, a artista vai sentindo a medida que o realiza a activación das súas propias mans, quedando habilitadas para actuar noutros planos dimensionais. Mediante a acción de debuxar vai recibindo información e coñecemento, converténdose, como ela mesma di, nun ser interdimensional capaz de conectar o mundo espiritual co material”.