Continuando con “8 mulleres para o 8M”, a artista Basilisa Fiestras destaca o traballo de María José Arjona (Bogotá, 1973), sobre a que comenta:
“Herdeira da constantes da arte corporal, María Jose Arjona exponse ante a creación artística como ferramenta, materia ou idea das súas pezas, levando o seu propio corpo a estados límite. Anudando e combinando a modo de colaxe, conceptos como a tensión e a fraxilidade, o silencio fronte a sonoridade, o corpo e o espazo.”
Nesta ocasión, sinala a peza Lifeline (2016): instalación visual composta por 4000 botellas de cristal que penden de diferentes fíos conformando un gran campo horizontal. A obra convírtese nunha performance sonora mediante a activación do corpo da artista.