Andrea Costas (artista profesora asociada da facultade) recomenda a obra de Núria Güell (Girona, 1981) para “8 mulleres para o 8 M”. Incide no seu “traballo potente e honesto que cuestiona tanto a sociedade na que vivimos como as institucións culturais”. As propostas de Güell parten da súa experiencia vital como creadora nun contexto actual de precariedade o que aporta unha carga realista e pouco glamurosa á idea de artista e á industria cultural.
En concreto, Andrea recomenda botar unha ollada a estes dous proxectos:
Afrodita (2017) e Anexo de Afrodita (2020). Estas dúas pezas dialogan entre sí para achegar unha reflexión sobre a maternidade, a idea dos coidados e a súa relación coa lóxica productivista e as prestacións sociais. Na primeira a artista solicita ao museo que se faga cargo das súas cuotas da seguridade social durante os 7 meses de baixa por maternidade. Na segunda, representa o tempo que comparte co seu fillo coa intención de percibir diñeiro de producción por obra nova que lle ofrece o festival Who cares? Feminist Art Festival.
Andrea Costas sinala a potencia das obras e do seu proceso, que enlazan o desexo da artista de ser madre co plan para poder costear económicamente este desexo, unha preocupación compartida por moitas creadoras actuais e a menudo silenciada. “Precisamos este tipo de voces incómodas, extremadamente valientes e impertinentes que coloquen as cartas sobre a mesa” comenta Andrea.