Continuando o proxecto 8 mulleres para o 8M, nesta ocasión falamos coa artista e profesora Mónica Ortúzar, quen presenta a obra dunha artista galega, tamén vencellada á nosa facultade de Belas Artes: Amaya González Reyes (Sanxenxo, Pontevedra, 1979).
No seu caso, destaca a seguinte peza:
Nunha carretilla de albanel usada transpórtanse restos de lámpadas metálicas douradas que contrastan co óxido da tamén metálica carretilla. Os materiais compórtanse como un amontoamento de obxectos atopados que González Reyes presenta dándolles unha nova e resplandecente apertura. Pasan agora a ser algo valioso desde outra perspectiva a aquela de onde proceden, da chatarra.
Ademáis, Mónica Ortúzar comenta a relación especial que lle une, tamén como artista, a esta obra:
“Esta peza chámame a atención non só desde a crise de materiais que vivimos tras a pandemia e a guerra senón, tamén, porque descubrín falando con Amaya que os nosos pais nos influíron no aprecio cara á relativización do económico e o que resplandece desde o traballo de ambos en sucursais bancarias. O diñeiro, o ouro, como creador de soños e desgrazas”.