Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

Xunto ao municipio portugués de Guimarães, Pontevedra será neste 2025 unha das sedes do quinto encontro de arte téxtil contemporánea 'Pensinulares', que, coa colaboración do Concello, da Universidade de Vigo e da Fundación RAC, desenvolverá nos meses de outubro e novembro a súa programación na cidade. Nela insírense iniciativas como a exposición Modos de ver, que terá como sedes o Pazo da Cultura e a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, residencias artísticas, coloquios e talleres.

Promovido pola entidade cultural Indigo Proyectos e os responsables da bienal de arte téxtil Contextiles de Guimarães, 'Peninsulares' preséntase como un evento dirixido á promoción da arte téxtil contemporánea, portuguesa e española, que na súa quinta edición se achegará por primeira vez a Galicia. Esta iniciativa foi presentada este mércores no Concello por Demetrio Gómez, concelleiro de Cultura, Lala de Dios, responsable de Indigo Proyectos, e Joaquim Pinheiro, director de Contextile. Este acto contou coa participación do director da Área adxunta á Vicerreitoría do campus, Luis Torres; a coordinadora do Máster en Deseño en Dirección Creativa en Moda da Facultade de Deseño, Lola Dopico; e o vicedecano da Facultade de Belas Artes e coordinador da Sala Manuel Moldes, Ignacio Pérez-Jofre, xunto a outras e outros responsables dun proxecto que previamente abordaron nun encontro co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores.

Ler a nova completa no DUVI