Logotipo Universidade de Vigo

Seleccione su idioma

O Ministerio de Cultura e a Comisión Fulbright convocan 4 bolsas para a ampliación de estudos artísticos en Estados Unidos durante o curso académico 2025-2026, nas seguintes disciplinas: artes cinematográficas e audiovisuais; artes escénicas; artes plásticas e visuais; música e musicoloxía.

Podes presentar a túa solicitude até o 20 de maio na páxina web da Comisión Fulbright.

Requisitos

  • Nacionalidade española
  • Carta de invitación ou de admisión nun centro estadounidense
  • Título superior ou formación e experiencia acreditadas que permitan o acceso a estudos de posgrao en centros de Estados Unidos

Dotación da bolsa

  • Viaxe de ida e volta e gastos varios: 1.300 dólares.
  • Asignación mensual de até 4.300 dólares, segundo universidade ou centro de destino, en concepto de aloxamento, manutención e gastos adicionais.
  • Gastos de matrícula, taxas e seguro médico obrigatorios da universidade ou centro especializado de destino (máximo de 34.000 dólares).
  • Cando o obxectivo da bolsa non implique gastos de matrícula, unha cantidade para gastos de proxecto, incluídos viaxes de investigación e, no seu caso, seguro médico obrigatorio (máximo de 5.000 dólares).

Sesión informativa en liña: Martes 6 de maio ás 17.00 h na plataforma Zoom

Máis información

Contacta coa Asesoría Académica para información xeral sobre estudos en EE.UU.
E-mail para dúbidas sobre a solicitude: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Telf: 917027000 – De luns a venres de 9.00 a 14.00 h