De acordo cos Estatutos da Universidade de Vigo e o Regulamento electoral xeral de 15 de outubro de 2019, modificado o 16 de outubro de 2020, e cumprido o período de dous anos para os membros dos sectores de PDI con vinculación non permanente, PAS e Estudantes, convócanse eleccións a Membros da Xunta de Centro da Facultade de Belas Artes de Pontevedra nos sectores arriba indicados, de acordo co seguinte calendario aprobado pola Xunta Electoral:

 

Calendario electoral

Data Proceso
26 de outubro Publicación da convocatoria e calendario
Publicación dos censos provisionais
Do 26 outubro ao 2 de novembro Reclamacións aos censos provisionais
6 de novembro Exposición de censos definitivos
Acordo da xunta electoral
Formulario de candidaturas
Do 9 ao 16 de novembro Prazo de presentación de candidaturas
17 de novembro Listaxes provisionais de candidatos/as
Do 17 ao 20 de novembro Reclamacións as listaxes provisionais
23 de novembro Listaxes definitivas de candidatos
Sorteo da mesa electoral
Publicación da composición da mesa electoral
Do 24 ao 26 de novembro Campaña electoral
27 de novembro Xornada de reflexión
30 de novembro Votación (Lugar: Corredor da pranta baixa, de 11.00 a 19.00 h)
1 de decembro Proclamación provisional de candidatos electos
Do 1 ao 4 de decembro Reclamacións a proclamación provisional de candidatos electos
10 de decembro Proclamación definitiva de candidatos electos