PERFORMANCE DE DOIRA B. PARATCHA E SANTI PREGO
No marco da exposición “DO FINAL E DO COMEZO 2021: UNHA ODISEA NO PAZO”
Sábado 18 de setembro ás 18.30 h no Pazo da Cultura de Pontevedra
Inserida na exposición Do final e do comezo 2021: Unha odisea no pazo, preséntase a acción Sin título (El capital me sienta mal, 2020) que Doira B. Paratcha, participante da mostra, realizará en colaboración con Santi Prego. Esta peza é unha crítica ás condicións laborais, a alienación laboral e o (sen)sentido do sistema capitalista.