O taller expón a realización de retratos en escenarios cotiáns, utilizando a luz presente no lugar. A partir do coñecemento do traballo do artista/profesor e doutros referentes, levaranse a cabo diversas experiencias fotográficas para profundar no uso dos elementos fundamentais do retrato.
Dirixido a estudantado de Grao e Posgrao da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Inscricións: ipjsan@hotmail.com indicando nome e curso. Ata o 23 de otubro.
Máximo 11 prazas.