Martínez Pérez-Coleman

Contratado/a predoutoral Xunta

Área de Debuxo
Departamento de Debuxo

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

saramartinezperezcoleman@uvigo.es

Breve CV

Artista, deseñadora e investigadora de formación híbrida, é graduada en Belas Artes e Máster en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo, Máster en Xestión de Moda, Técnico Superior en Artes Plásticas e Deseño e Técnico Patronista-Escalador pola LCI_ Escola Superior de Deseño de Moda, con cursos de posgrao en Experto Universitario en Formación, Cultura e Xestión de Moda pola UNED/UNED e Ilustración Experimental en Central Saint Martins. Ao longo da súa carreira profesional ha traballado como deseñadora e estilista para diversas empresas do sector téxtil. No ano 2007 funda a súa propia marca de moda: SARA COLEMAN_ Organic Design, presentando as súas coleccións na pasarela Mercedes Benz Fashion Week Madrid durante 10 edicións e en feiras internacionais do sector téxtil. A partir do ano 2012 comeza a traballar dentro do circuíto da arte, expoñendo de maneira habitual. Expuxo no Museu do Disseny de Barcelona, MNAD (Museo Nacional de Artes Decorativas de Madrid), MAC (Museo de Arte Contemporánea Naturgy da Coruña), Centro Cibeles, Fundación Rac, Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela ou no Centre d?Art Tecla Salga de Barcelona, entre moitas outras. Foi profesora convidada e titora de proxectos finais en ESDEMGA_ Universidade de Vigo (2012-2017), profesora contratada en LCI (2006-2009) e na EASD_Gran Canarias (2018-19). Impartiu seminarios e talleres en diversas escolas e institucións como EUDI (Escola Universitaria de Deseño Industrial), Fundación Mapfre, EOI_Mediterráneo (Escola de Organización Industrial), Fundesarte, Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, CENTRADE ou na CDC, entre outras.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01905 | Proxectos de deseño

2º cuadrimestre

Investigación

Grupo de investigación

Digital & Graphic Art Research

Liñas de investigación

  • Gráfica contemporánea de campo expandido e arte múltiple: Liña teórico-conceptual
  • Gráfica contemporánea de campo expandido e arte múltiple: Liña científico-técnica
  • Gráfica contemporánea de campo expandido e arte múltiple: Liña artístico-práctica