Alonso Romera

Profesor/a titular de universidade

Área de Debuxo
Departamento de Debuxo

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 215
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 853
alonso@uvigo.es

Breve CV

Sol Alonso Romera é licenciada e doutora en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. Actualmente profesora titular dentro da área de Audiovisuais do Departamento de Debuxo da Universidade de Vigo, con docencia desde 1993 en materias audiovisuais aplicadas á arte dentro de materias do Grao en Belas Artes e do Máster Universitario en Libro Ilustrado e Animación Audiovisual. Impartiu cursos de doutoramento e ten dirixido varias teses de doutoramento compaxinando este labor docente coa investigación artística, formando parte, no presente, do Grupo de Investigación PR3CULT (Universidade de Vigo). Conta con obra en arte audiovisual (Videoarte – Videoinstalación). Exposicións: “Film/Vídeo”, Centrum SztuKi Wspólczesne Zamek Ujazdowski, Varsovia-Polonia, 2003; “Medo Commonplace”, XII Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira, Museo da Bienal, 2003; “Resistencia e Materialización”, Sala de Exposicións UPV/EHU, Bilbao, 2010; “Materialización”, Salga Fundación Laxeiro, Vigo, 2011. “Afinidades Selectivas/8”, Casa Galega da Cultura, Vigo, 2015. Ten comisariado: “Grafos e Matemas”, XIV Bienal Internacional de Arte de Vila Nova de Cerveira. Portugal, 2007. “Videocreación. Contexto”, Festival de Videoarte, Betanzos, A Coruña, 2017. “Retrospectiva Facultade de Belas Artes 1994-2019”, Intersección. II Festival de Arte Audiovisual Contemporáneo, Fundación Luís Seoane, A Coruña, 2019. Algunhas das súas últimas publicacións: Resistir a Materia. Resistance, matter and artwork. 2012. Ed. ES1. Universidade de Vigo; Arte: Dicionario Ilustrado. 2012. Servizo publicacións UVigo. Neste universo: Um rumor simultâneo. In this universe: a simultaneous rumor. 2014. Ed. Centro de Memória De Vila Do Conde. Portugal.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01502 | Produción artística: Audiovisuais
P01G010V01909 | Proxectos videográficos

2º cuadrimestre

Liñas de TFG

  • VideoArte / VideoInstalación / Cine Video Experimental / Cine Ensaio / Documental

Investigación

Grupo de investigación

PR3CULT

Liñas de investigación

  • Modos de coñecemento na práctica artística
  • Cine Documental-Cine Científico; Cine Experimental; VideoArte