Tejo Veloso

Profesor/a titular de universidade

Área de Pintura
Departamento de Pintura

Información de contacto

Facultade de Belas Artes
Despacho 202
Rúa da Maestranza, 2
36002 Pontevedra

+34 986 801 840
carlos.tejo@uvigo.es

Breve CV

Licenciado en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Doutor en Belas Artes pola Universidade Politécnica de Valencia e Premio Extraordinario de Doutorado pola mesma universidade. A súa liña de investigación está centrada no eido da fotografía e da performance. Traballo de dirección en: «Aproximaciones a la performance española contemporánea» no Centro de Exposicións da cidade de Bos Aires, Arxentina, «A acción a debate» no CGAC, Santiago de Compostela ou «Chámalle X. Xornadas de Arte de Acción» na Universidade de Vigo, MARCO de Vigo e CGAC de Santiago de Compostela. Dende o ano 2016 hasta a actualidade, co-dirixe xunto a Marta Pol, o congreso: «FUGAS E INTERFERENCIAS. International Performance Art Conference» na Universidade de Vigo e CGAC de Santiago de Compostela. O seu traballo como artista dentro do eido da performance, púidose ver, entre outros lugares, en: «EXPOTRASTIENDAS”, Bos Aires, «McGlade Gallery». Sídney, «LAPsody Festival», Helsinki, «La Muga Caula», Figueras ou no «Palácio da Instrução Estevão de Mendonça» Cuiaba, Brasil. A súa obra fotográfica participou, entre outras, nas seguintes exposicións: “Tempo Morto” no Consorcio de Museos de la Generalitat Valenciana, “Gebucht” no Künstler und Atelierhaus der Stadt Duisburg, “Love story” en ARCO’02 ou “La luz incierta” no Centro de la imagen, México DF. Entre as súas máis recentes publicacións, destacamos: «El cuerpo habitado: fotografía cubana para un fin de milenio» Ed. Alejo Carpentier, 2009. «Breve apunte sobre la fotografía y la acción en el libro de artista» Ed. Comanegra, 2014. «From the Academy: a possible approach to Performance Art». Outskirts Press, 2014. «Lo que sucede. Reflexiones críticas en torno el arte de acción», Ed. Entreascuas, Madrid, 2016 ou «Discursos desde los márgenes: mujer y arte de acción en la Galicia contemporánea». Revista BRAC, Barcelona, 2019.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01903 | Proxectos de arte de acción
P01G010V01907 | Proxectos fotográficos

2º cuadrimestre

Grao en Belas Artes

P01G010V01204 | Técnicas fotográficas

Liñas de TFG

  • Fotografía, proxectos de arte de acción

Investigación

Grupo de investigación

Imaxe e Contextos

Liñas de investigación

  • Prácticas efímeras e non obxectuais que utilizan ferramentas discursivas da arte de acción e/ou da escena contemporánea
  • Arte de acción e fotografía
  • Arte de acción e espazo urbano