O artista e profesor da facultade Suso Fandiño destaca o traballo dunha exalumna, Ruth Vidal, sobre a cal comenta:
“O traballo de Ruth Vidal aproxímase ao obxecto atopado, ao refugallo, ao material en estado cru. A verdade do natural enfrontada á súa versión sinónima no universo do obxecto industrial da arquitectura. Un encontro posible no espazo e o tempo da arte”.