8 mulleres para o 8M: Moona Muniz Elazhari

Moona Muniz. "Miss Confinée. A señorita confinada entendeu o misterio do glamour, unha armonia que transcende a arte perdida", 2020

E pechamos un novo ano do proxecto “8 mulleres para o 8M” presentando a obra de Moona Muniz Elazhari, unha proposta que nos trae o noso actual decano Xosé Manuel Buxán Bran.

Moona Muniz Elazhari é unha artista transxénero e transmedia nada en Vigo e residente en Hendaya que actualmente traballa a pintura como medio de expresión utilizando as cores vivas e contrastadas onde reflexa o interese do cotián facendo unha fonda reflexión sobre o corpo e a idea de normatividade. Xosé Manuel Buxán destaca o seu traballo como forma de visibilización da temática queer, que ademais vencella coa obra dos “Costus” parella artística cuxos traballos foron asociados á iconografía da Movida Madrileña e que, cunha estética kitch e colorida, reflexaron o noso folklore desde o sarcasmo.

No caso de Moona Muniz Elazhari, chama a atención a seguinte obra, cuxo título remata por complementala:

Miss Confinée. A señorita confinada entendeu o misterio do glamour, unha armonia que transcende a arte perdida, 2020. Retrato de Alejandra Tier pintado por Moona Muniz Elazhari.