Desde o proxecto HEI4Future estase a organizar unha nova actividade para a promoción do emprendemento e o fomento da innovación, que terá lugar o 27 de abril na Semana da Creatividade e a Innovación 2023 no Campus CREA.
Trátase dunha xornada sobre o Emprendemento en medios sociais e a creación de contidos dixitais, que se propón comprender a importancia do contido e as redes sociais, e o impacto no emprendemento; identificar as diferentes plataformas e entender como funcionan; aprender a desenvolver unha estratexia efectiva, para chegar á audiencia obxectivo; entender como medir o éxito das estratexias a través de indicadores clave e adquirir habilidades para crear unha marca personal ou corporativa sólida en liña.
Para iso contaremos con Paula Andrés de gHub, Patricia Rincón de Avante (e profesora na UVigo), Adrián Aira de Marketing4Ecommerce (e profesor na UVigo), Laura Fontán (Esmerarte) e Diego Parajó (Xéneme).
O programa proposto é:
De mañá (en Casa das Campás, sede do Vicerreitorado de Pontevedra):
1. Mesa redonda. Marca persoal: estratexias de contido e social media. Influencers e creadores de contidos de Pontevedra
2. Ponencia. Como crear contido efectivo e triunfar nas redes Sociais. Exemplos de campañas desenvolvidas en diferentes redes. Paula Andrés (gHUB)
3. Ponencia. Ferramentas e técnicas para crear, promocionar e medir o éxito en redes Sociais. Patricia Rincón (UVigo-AVANTE)
Descanso
4. Micro aberto. Presentación de proxectos e iniciativas do estudiantado. Inscrición no mesmo día.
5. Emprender na creación de contidos en liña e social media. Modelos de negocio e casos de éxito. Adrián Aira (UVigo-Marketing4Ecommerce) e Laura Fontán (Esmerarte)
De tarde (no espazo 30 (baixo cuberta fronte á bibioteca) na Facultade de Belas Artes)
6. Workshop 3h. Cómo montar una empresa en 9 sencillos pasos. Caso práctico. Diego Parajó (Xéneme)
Para participar é preciso inscribirse aquí