Salon Brand New é unha exposición colectiva no Centro Cultural Conde Duque de Madrid de artistas egresados/as ou en último curso das diferentes facultades de belas artes de España, que se van inserir nun ámbito profesional de maneira inminente. Entre toda a selección, atópanse tres proxectos de alumnado de Pontevedra:
Manuel Luis Lema presenta un cómic inspirado no Congreso de Milán de 1880 e protagonizado por 3 etiquetas metafóricas: un chico sordo representado por unha man (seu pai), un altofalante que simboliza o oralismo e o verdugo, identificado con dito Congreso no cal foi prohibido o uso da lingua de signos.
Casa feliz é a proposta de Cristina Chiarroni, unha obra nada na cuarentena onde explora a idea de refuxio evocando os diferentes espazos vitais e evidenciando a memoria e o paso do tempo no corpo.
Pola súa banda, Emma Diarte amosa con Lágrimas subliminales a capacidade persuasiva e de control social da publicidade. Trátase dunha instalación mural composta pola unión de 576 caixas de tabaco, que serven de soporte para realizar graffitis onde, a súa vez, aparecen serigrafadas diferentes imaxes publicitarias.
Noraboa ás tres!