Cosmética sórdida. Obradoiro de escultura e fotografía con Iván Pérez
CONTIDOS
Obradoiro que parte das técnicas de fotografía publicitaria de bodegón ou still-life propia de produtos cosméticos para fotografar composicións a partir do ensamblaxe de obxectos que poidan incluír materiais perecedoiros, prestados, efémeros ou de desfeito. Unha aproximación a modelos de composición e iluminación propios da industria que podamos adaptar a composicións alternativas.
O proceso comprende a selección de referencias de fotografía publicitaria ou editorial e o estudo das necesidades materiais e posibilidades técnicas de desenvolvemento fotográfico en cada caso. A recolección, ensamblaxe e produción de obxectos. O estilismo, a composición a partir de temáticas e intereses persoais. A iluminación en estudo, fotografía, postproducción e impresión.
DESENVOLVEMENTO
-O traballo distribuirase en 5 sesións de 5 horas de 9:30 a 14:30 h. Do mércores 21 ao martes 27 de abril.
O taller está dirixido a estudantes da Facultade de Belas Artes, de grao e posgrao. Para a admisión darase preferencia ao alumnado de 3º ou e 4º curso de grao e terase en conta a orde de recepción das solicitudes. Máximo: 10 participantes.
Utilizaranse os equipos informáticos, de fotografía e impresión da facultade mentres que o papel de impresión correrá a conta de cada participante.
O límite de participantes, así como a diversidade de espazos a utilizar e o seu uso simultáneo, garante as medidas de seguridade en relación ao COVID-19. Durante as tres primeiras sesións, o alumnado repartirase entre os estudos de fotografía e de audiovisuais; nas dúas últimas sesións utilizarase simultaneamente o Espazo 32 para postprodución e o Laboratorio de Técnicas Grafcas para a impresión en plotter.
Inscrición: marcaldas@uvigo.es, indicando nome e curso, até o luns 19 de abril.
Coordina: Mar Caldas.
Descargar Pdf completo en castelán: Programa taller Iván Pérez