A Facultade de Belas Artes de Pontevedra continúa celebrando o seu 30 aniversario coa colectiva Campo de sementes na Fundación Rac, onde participa o profesorado máis novo da facultade con docentes de longa carreira.
Artistas: Xoan Anleo, Mª Covadonga Barreiro, Natividad Bermejo, Marcos Covelo, Basilisa Fiestras, Elena Lapeña, Juan Carlos Meana, Marina Núñez, Juan Carlos
Román, Javier Tudela.
Comisarios: Xosé M. Buxán Bran e Sara Donoso.
Imaxe gráfica: David Carballal
Lugar e datas: Fundación Rac. (C/ Padre Sarmiento, 41 Pontevedra) Do 15 de abril ao 14 de maio de 202. De mércores a venres de 16.30 a 20.30 horas
Este xoves 15 de abril de 2021 a Fundación Rac abre ao público a exposición Campo de sementes, organizada pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra no contexto do seu 30 aniversario. Na exposición participan dez docentes da facultade, establecendo un diálogo entre o profesorado novo e os máis veteráns.
En 2020 celebrábase o 30 aniversario da creación da facultade de Belas Artes de Pontevedra mais, por mor da pandemia, as celebracións ficaron adiadas na súa
meirande parte para este ano 2021. Así, o programa de exposicións conmemorativas iniciouse a finais de 2020 con “De mestras e mestrados” unha exposición de docentes artistas e egresadas no Museo de Pontevedra, que se continúa agora cunha nova mostra que selecciona un mangado de obrasr de dez
profesores artistas na sede da Fundación Rac de Pontevedra.
A colaboración coa Fundación Rac permite vencellar á Universidade cunha institución de prestixio no eido da arte contemporánea, establecendo vencellos
entre institucións e visibilizando a potencia artística da nosa contorna. Campo de sementes ofrece, daquela, unha pequena escolla do traballo de cada docente artista, amosando en cada caso tanto a diversidade como a riqueza formal e conceptual das propostas.