Obradoiro Proxectos Artísticos

Obradoiro Proxectos Artísticos

Cada vez é máis frecuente dentro da formación e profesionalización da práctica artística facer fronte á elaboración de proxectos específicos para convocatorias de diversa índole: bolsas, subvencións, residencias, premios de arte, etc. Normalmente as metodoloxías coas que está afeito un artista plástico ou visual a traballar ofrecen un rico desenvolvemento empírico. Con todo, estes métodos de traballo non abarcan a disposición, guía e preparación dun proxecto que está por materializar.

Por este motivo o artista Román Corbato e o docente Marcos Covelo ofrecen ao alumnado de Belas Artes e publico en xeral o taller «Proxectos artísticos: elaboración, deseño e proceso» onde se debata a preparación, desenvolvemento e deseño deste tipo de traballos. Ambos os artistas mostrarán a súa experiencia profesional a través de proxectos artísticos que foron levados a cabo por eles tanto en espazos públicos como privados.

Datas: 10, 11, 17, 18, 23, 24 e 25 de marzo de 2022
Horario: 16.00 a 20.00 horas. / 16:00 a 21:00 horas. (Total de 30 horas)
Lugar: Espazo de Risografía da Facultade de Belas Artes
Prazo de inscrición: do 31/01/2022 até o 10/02/2022

Número de prazas limitado