O Pazo da Cultura acolle a inauguración da exposición Do final e do comezo 2021. Unha odisea no Pazo, que reúne unha selección de obras nacidas como parte dos traballos de fin de grao de 38 titulados e tituladas das dúas últimas promocións de graduados en Belas Artes. Organizada pola facultade e a Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra, a mostra, comisariada polas docentes María Covadonga Barreiro e Sonia Tourón, poderase visitar ata o 28 de setembro.
ARTISTAS: Nahir Álvarez, María Barca, Mateo Barcia, Doira Barrio, Rosalía Bello, Carolina Bouza, Sara Camaño, Noa Castro, Lara Cores, Susana Díaz, Pepe Eiras, Bea Fernandes, Carla Fernández, Helena Fernández, Nuria Ferreiro, Laura Ferro, Uxía Francisco, Ana Gómez, Daniel Jácome, Ricardo Lede, Manuel Lema, Lucía Lobelle, Nicolás López, Alba Matilla, Sabela Mato, Anubis Muñoz, Cora Novoa, Ana Núñez, Beatriz Paniagua, Laura Pérez, Wêdyla Rodrigues, Andrea Rodríguez, Samuel Rodríguez, Sofía San Claudio, Aarón Santos, Ruth Vidal, Luis Villanueva e Antón Yáñez
INAUGURACIÓN: Venres 3 de setembro ás 19:00 h. (aforo limitado a un total de 50 persoas)
HORARIO DA SALA PARA VISITAS: De martes a venres: de 18:00 h. a 21:00 h. Sábados: de 12:00 h. a
14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h. Domingos e festivos: de 12:00 h. a 14:00 h.
REDES SOCIAIS: @dofinaledocomezo2021 (Instagram)
Debido ás restriccións ás que obriga a covid-19, a inauguración terá un aforo limitado a un máximo de 50 persoas.