Certame XXIV BIENAL INTERNACIONAL ARTE NO MORRAZO

Certame XXIV BIENAL INTERNACIONAL ARTE NO MORRAZO

O Concello de Cangas e Frigoríficos del Morrazo convocan a XXIV EDICIÓN BIENAL INTERNACIONAL ARTE NO MORRAZO, co fin de fomentar as Belas Artes e estimular a creatividade, diversificándose cun Premio-Beca, en colaboración coa Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Cada artista poderá presentar unha obra única, nas modalidades de pintura ou escultura.

Haberá 4 pezas premiadas das cales tres están dotadas con 3.000€ de premio cada unha; a cuarta distinción coa mesma dotación económica, corresponde a un Premio-Bolsa de estudos de posgrao na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

O prazo de presentación será do 1 de febreiro até o 12 de abril de 2022.

Toda a información e bases aquí