Seguindo as recomendacións dadas polo Reitorado, queremos comunicarvos que o comezo de curso na Facultade de Belas Artes de Pontevedra vaise facer de xeito escalonado de acordo a este esquema:
- Día 21 de setembro: arranque de todos os grupos do primeiro curso de Grao
- Día 22 de setembro: arranque do 2º curso da titulación de Grao
- Día 23 de setembro: arranque do 3º curso da titulación de Grao
- Día 24 de setembro: arranque do 4º curso das titulacións de Grao
- Día 25 de setembro: Celebración do acto de apertura das Universidades galegas (estarán pechados todos os Centros/Edificios da Universidade)
- Día 1 de outubro: arranque do Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda