Bolsas Fulbright para a ampliación de estudos artísticos

2ª Convocatoria BOLSAS XUNTA DE GALICIA / FULBRIGHT para a AMPLIACIÓN DE ESTUDOS ARTÍSTICOS NOS ESTADOS UNIDOS DE AMÉRICA

Curso 2022-2023

Obxectivos

Contribuír á formación dos españois vinculados a Galicia que desexen ampliar estudos artísticos en institucións e centros de EE. UU. e ampliar a súa especialización nunha das áreas recollidas na convocatoria. Estas bolsas contemplan a formación académica; a realización de actividades de investigación artística; o desenvolvemento de proxectos artísticos cun sólido compoñente investigador e calquera combinación das anteriores.

Datas chave:

Apertura da convocatoria: 24 xaneiro 2022
Peche da convocatoria: 24 marzo 2022
Último día para presentar documentación e cartas de referencia: 4 abril 2022
Comunicación da preselección e convocatoria a entrevistas: finais abril 2022
Entrevistas persoais (presenciais ou virtuais): maio / xuño 2022
Resolución final: xuño 2022
Inicio da bolsa: Verán ou outono 2022

  • Toda a información aquí