Anuario Colección ERROR ES BIEN

Editado polo Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo baixo o selo Error es Bien_Editorial. Impreso en Risografía.

Unhas palabras de Juan Fernando de Laiglesia sobre o anuario:

(…) Un grupo de profesores de Belas Artes propuxemos comezar desde o Servizo de Publicacións da nosa universidade unha colección co selo editorial ERROR ES BIEN. (…) O tempo condensado, Jetztzeit en Benjamin. Ou ese instante comprimido que é o lapso. Memoria en acto. É dicir, LAPSUS CALAMI, tema deste Número Cero.
(…)
Unha publicación que puidese explorar ese lapso de maneira cristalina, o titubeo feito imaxe, o out of one´s mind que ocorre ás veces no ininterrompido pensar esperto, debía ter ante os ollos o tacto do papel e o espallarse da tinta. O amarelo pode non coincidir coa anterior capa de cor impresa. Parece feito a man.
Lapso a lapso, a máquina de Risografía imprime máis ou menos ben. Error es Bien. Pequenas epifanías. Imprimir como acción cerebral. Visceral. Sae este Anuario no 2020, celebrando catro décadas desde a incorporación dos estudos de Belas Artes na Universidade española e comprendendo a creación como decidida actividade cognitiva. (…)