A alumna Doira Barrio, mellor TFG en humanidades en materia Axenda 2030

Neoyoguis. Do TFG "El capital me sienta mal", de Doira Barrio

A alumna de Belas Artes Doira Barrio acada o premio ao mellor TFG na área de humanidades en materia de Axenda 2030, Cooperación ao Desenvolvemento e Responsabilidade Social pola Universidade de Vigo.

O traballo, titulado «El capital me sienta mal» navega polas augas hostís do capital, tratando de analizar aquilo que lle causa dor e frustración ao argonauta postmoderno. Á deriva entre a filosofía, a socioloxía, a política e a arte, o proxecto critica as desigualdades sociais, desde a análise e a razón, e propón solucións artísticas de resistencia.

Titora do TFG: Almudena Fernández Fariña

Enlace ao traballo completo aquí