Obradoiro. VERSE OUTRA VEZ AO REVÉS TAMÉN FUNCIONA. Creatividade, xogo e transformación social.

VERSE OUTRA VEZ AO REVÉS TAMÉN FUNCIONA.
Creatividade, xogo e transformación social.

Este obradoiro teórico-práctico ten como obxecto afondar no carácter transformador da práctica artística contemporánea, coa vocación de converterse nun lugar de reflexión, encontro e xeración doutras formas de comprender e achegarse a realidade a través do lúdico, o sensorial e o experimental.

OBXECTIVOS

– Potenciar a nosa autoestima e afondar no noso autoconcepto a través da creación artística.

– Coñecer o papel do autobiográfico ao longo da historia e prácticas artísticas actuais dende unha perspectiva de xénero.

– Fomentar a interpretación e creación a partir de espazos comúns, marxinais e próximos realizando propostas individuais e colectivas.

– Realizar propostas artísticas interdisiciplinares baseadas na propia biografía e no coñecemento da realidade a través da conciencia lúdica e sensorial.

Docentes: Iria Vázquez e Xisela Franco.
Coordinación: Iria Vázquez
……………………
Duración: 30 horas (equivalente a un crédito)
Datas de realización: do 10 ao 29 de outubro.
Lugar de realización: Facultade de Belas Artes.
…………………………………………………………………………………………………
PRAZO DE MATRÍCULA: DO 24 DE SETEMBRO AO 4 DE OUTUBRO
+ Información e matrícula aquí