8 mulleres para o 8M: Xiana do Teixeiro

Xiana do Teixeiro. Crías (en proceso)
Xiana do Teixeiro. Crías (en proceso)

Xisela Franco (artista, cineasta e profesora asociada da facultade) recomenda que non perdamos de vista a obra doutra colega de profesión: Xiana do Teixeiro (Lugo, 1982). Dela destaca a súa mirada autoral traballando na disolución de fronteiras entre cine/arte, ademais da combinación entre a solidez teórica-académica e a praxis fílmica documental cun alto compromiso feminista.

Neste caso fala de Crías, unha longametraxe documental en proceso de producción que reflexiona sobre os espazos persoais, a cultura de dormitorio e, especialmente, o diario íntimo. Crías forma parte da investigación artística «Proyecto Diario» («Proyecto D»), que dende 2014 recopila e estuda materiais creados no dormitorio adolescente feminino, especialmente os diarios. Dentro desta investigación tamén realizou exposicións, destacando Cultura de dormitorio. Narraciones de adolescencia femenina, premio BCN Producció 2015 (Institut de Cultura de Barcelona + Sala de Arte contemporáneo La Capella). Sobre o filme, Xisela Franco pon de relevo a súa sinceridade, ademáis da consideración da problemática de atoparse con etapas como a infancia e a adolescencia na idade adulta, coa consecuente tentación de modificar a memoria do pasado e editar continuamente a propia biografía.

Xiana do Teixeiro é, asimesmo, a autora de Tódalas mulleres que coñezo filme que recolle diversos testimonios de mulleres para evidenciar a violencia e o desequilibrio social aínda existente partindo, como punto de inflexión, do crimen de Alcàsser.