Continuando o noso percorrido polo proxecto “8 mulleres para o 8M”, o profesor Nono Bandera sinala a obra Prótesis para invertebrados (2019) de Saelia Aparicio.
O traballo de Saelia Aparicio (1982) móvese entre diferentes medios e disciplinas, convertindo o exercicio artístico nunha sorte de proceso de observación da cidade e os seus fenómenos, onde está presente unha conciencia medioambiental. As súas propostas abordan diversas experiencias e permiten rexistrar múltiples fórmulas de relación co mundo, configurando universos onde xorden cuestións identitarias da construcción social.
Prótesis para invertebrados (2019) foi unha instalación realizada ex profeso para a exposición Premio Generaciones 2019 na Casa Encendida de Madrid, coa que plantexou unha reflexión sobre a obsesión pola limpeza no mundo contemporáneo e os seus vínculos co corpo, a proxección da sociedade e o xénero feminino. Nono Bandera destaca esta peza porque “sintetiza todo o imaxinario que a artista foi despregado nos últimos anos da súa traxectoria artística. Esta obra examina as diferentes dimensións do absurdo, a realidade na que vivimos e as ficcións que esta xera, cuestionando os convencionalismos da sociedade actual, sempre cun humor moi particular cargado de tinguiduras retortas e abxectas”.