Nesta nova entrega de «8 Mulleres para o 8M» Sonia Tourón preséntanos a Miss Beige Isto é o que comenta sobre ela:
Miss Beige, alter ego creado por Ana Esmith (Ana Gallego), infíltrase desde a performance no noso espazo cotián utilizando a rede social Instagram como site specific. Ela mesma dirá desta plataforma que “se expón como un novo espazo público onde o límite co privado desvanécese”.
Como loba enfundada na súa pel de influencer, preséntase como un personaxe anticanónico que critica as poses e enxalza o corrente e vulgar do día a día. Resalta a súa corrosiva mirada á actualidade onde opina con franqueza e crea novos sentidos desde unha actitude adulta austera que esconde o impredicible de quen se sabe incorrecta.